14/01/24

Club de lectura de sexto

 O club de lectura "Cazalibros" xa está en marcha, agora en sexto curso.                                                              Comezamos coa lectura de "Xoán, Xoana", un libro de Francisco Castro que nos encantou e nos fixo reflexionar sobre a diversidade sexual e a importancia de aceptar e respectar a todas as  persoas tal e como son. 














20/06/23

Última reunión do club de lectura de familias

 O vindeiro xoves 29 teremos a última reunión do club de lectura de familias.


Nesta ocasión comentaremos El retrato de casada, de Maggie O´Farrell.

Así remataremos este curso, vivindo as sensacións dunha nena casada aos quince anos no século XVI.

17/06/23

Club de lectura de quinto

No segundo trimestre decantámonos polo cómic. Fixemos unha selección de títulos que fomos intercambiando e reunímonos para comentar as nosas impresións e preferenzas trala súa lectura.


E a partir do comentario dunha compañeira que lera en formato cómic "El diario de Ana Frank", decidimos lelo, coñecendo  primeiro a súa historia a través dunha breve adaptación da novela publicada por Susaeta.    
 


E así rematamos o curso!
Dentro de tres meses vémonos no Club de lectura de sexto!

Feliz verán!





14/04/23

En abril club de lectura de familias

 Esta semana temos xuntanza do club de lectura de familias.

Nesta ocasión comentaremos  El mar, el mar , de Iris Murdoch.


 

17/02/23

Club de lectura de familias

O vindeiro xover 23 de febreiro teremos unha nova reunión do club de lectura

25/11/22

Primeira reunión do club de lectura de familias

 Esta semana teremos a primeira reunión do club de lectura de familias.

Animádevos a participar.

 Comentaremos "As malas mulleres" de Marilar Alexandre, que nos traslada ao labor das visitadoras de prisións de mulleres a principios do século XX e as vidas das mulleres encarceladas na prisión da Galera na Coruña.



27/10/22

Club de lectura de quinto

Neste curso  comezou a andaina dun novo club de lectura en quinto de primaria, chamado "Cazalibros".

Tras unha primeira xuntanza, na que falamos dos nosos gustos literarios e fixemos diferentes propostas, decidimos empezar coa lectura da novela "Como pez en el árbol", na que a escritora Lynda Mullaly Hunt, baseándose na súa propia experiencia, trata o tema da dislexia desde o punto de vista dunha nena.


25/06/22

Despedida do club de lectura de sexto

 O curso xa rematou e "A axencia de lectura" despídese do cole cunha última tertulia, sobre o primeiro libro da saga "Mystical" (da escitora Marta Álvarez e a ilustradora Laia López) que, igual que as lecturas anteriores, nos leva a un mundo de maxia.


Marchamos un pouco tristes, pero con ilusión por empezar secundaria e pensando xa no club de lectura e no club manga do instituto.



FELIZ VERÁN
E
FELICES LECTURAS!


05/06/22

Club de lectura de sexto







 

     


 Hai uns días tivemos xuntanza da Axencia de Lectura para falar sobre "El castillo ambulante", unha novela da escritora Diana Wynne, que nos gustou moitísimo, e quixemos compartir esta fantástica historia coas nosas compañeiras e compañeiros da clase, convidándoos a mirar a película realizada polo afamado director de animación Hayao Miyazaki, baseada no libro.







21/02/22

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE SEXTO

 Hoxe tivemos a primeira tertulia literaria da "Axencia de lectura", na que comentamos o libro "Defensores de dragones", escrito por Esther Vázquez e ilustrado por Víctor Rivas.



Escollémolo porque parecía interesante, pero superou as nosas expectativas: a autora mergullounos nunha fantástica historia na que conviven humanos e dragóns, hai bruxas malvadas, un diario máxico, unha biblioteca marabillosa!... e unha princesa moi especial, que vive unha aventura incrible, na que acabará descubríndose  a si mesma e..., non podemos contar nada máis! Simplemente, recomendárvolo, porque nos encantou!

E agora decidimos seguir navegando por mundos fantásticos, da man da escritora Diana Wynne e  seu libro "El castillo ambulante".

                                                  Ata pronto!

                                                Felices lecturas!



 

29/01/22

NOVO CLUB DE LECTURA DE SEXTO

 Ola!

Despois de case dous anos, volvemos ter clubs de lectura no cole.

Nós somos "A AXENCIA DE LECTURA", o club de sexto, e vimos con muitas ganas de ler e muitas lecturas que recomendar.



Para empezar, escollemos o libro "Defensores de dragones", da escritora Esther Vázquez.

A historia parece interesante. 

Xa vos contaremos.

20/06/19

Despedida do club de lectura de 5º

                      Ola!

    A nosa última xuntanza deste curso foi un pouco especial:despois de ler o libro Wonder.La lección de August, da escritora Raquel J.Palacio , xuntámonos para comentalo e invitamos a toda a clase a mirar a película.
O libro, como o seu título indica, é marabilloso, e a película reflexa fielmente o que nos transmitiu a autora : emoción, tenrura, superación,... Unha auténtica lección de vida!
     E agora despedímonos ata setembro, onde estaremos  xa no novo club de lectura de 6º.
                    
                                    As devoradoras de libros
                                                             



FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!









F





24/01/19

Xuntanza do club de lectura de 5º

Ola!
As Devoradoras de libros (Agora somos todas nenas) lemos  Mondragó.La gran pruebada escritora Ana galán, e recomendámosvos que o leades porque é moi interesante, divertido e aventureiro.
Conta a historia dun neno chamado Cale que, como é tradición no seu pobo, ós once anos consegue o seu propio dragón, co que vivirá aventuras , xunto cos seus amigos Arco, Casi e Mayo.


Ata pronto!

29/11/18

Xuntanza do club de lectura de 5º



Hoxe tivemos a nosa primeira tertulia literaria, na que comentamos o libro
O meu pesadelo favoritoda escritora e xornalista María Solar.



Conta unha disparatada historia na que se mesturan o mundo real e o mundo dos soños, o humor e os sentimentos, a ciencia e a fantasía.  
Animádevos a lelo e descubriredes personaxes tan interesantes como un alieníxena que viaxa polos sumidoiros e intenta entender o comportamento dos terrícolas, un veterinario que receita xarope de can ás persoas, un científico que crea animais imposibles, ou os nosos favoritos:un vendedor de olores e unha repartidora de bicos.

                      Os devoradores de libro


                       

PARA FACER UN COMENTARIO

-Pulsa co cursor enriba de "comentarios"

-Elixe de identidade "Nombre"e pon o teu nome na casilla

-Escribe no recadro o teu comentario

-Pulsa enriba de "Publicar comentario"

-Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue

¡ESPERAMOS OS VOSOS COMENTARIOS!
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.
Grazas